Descripción de la Exposición
Ata o vindeiro 17 de novembro poderase visitar no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición Encaixando a Luís Seoane, composta por cerca de vinte obras-mosaico realizadas polos participantes nos talleres desenvolvidos no marco da actividade Un Museo en Movemento, proposta destinada a colectivos de diversidade funcional e integrada no programa Cultura participativa e inclusiva, promovido pola Fundación Emalcsa.
A experiencia, iniciado en 2017 e liderada pola Asociación de Amigos do Museo, trátase dun proxecto de artes plásticas dirixido a aqueles públicos que, por causas diversas, non teñen a posibilidade de desprazarse ás instalacións do museo (colectivos do sector da xeriatría e con problemas de saúde mental e exclusión social) . Por tanto é o Museo de Belas Artes quen “traslada” a súa colección permanente de forma virtual, para explicala e traballar con ela.
A presente edición tivo un contido moi especial, pois se centrou na obra de Luís Seoane, coincidindo co ano dedicado ao mencionado autor pola Academia de Belas Artes. A actividade consistiu nunha visita-taller desenvolta nos distintos locais sociais ao longo de dúas xornadas, unha primeira de charlas e coloquios e unha segunda de taller. Primeiro proxectouse un itinerario virtual contando cunha selección de obras do mencionado autor, acompañada dunhas sinxelas dinámicas, para rematar co taller Encaixando a Luís Seoane, deseñado e construído para a ocasión pola empresa de deseño gráfico e ilustración Milicia Gráfica. O obxectivo era a interpretación dalgunhas obras do citado pintor galego a partir dun material como é o cartón, con todas as súas posibilidades, dando forma e cor a un quebracabezas-colaxe que representa unha das súas obras ou parte das mesmas.
Entidades participantes:
Centros de xeriatría:
Residencia de mayores Padre Rubinos
Residencia de mayores de la Fundación Adcor
Residencia DomusVi Matogrande
Centro de Día Frama I y Frama II
Residencia Torrente Ballester
Centro de Día de Montealto
Residencia de Cáritas “Meu Lar”
Sanitas Mayores Residencial Coruña
Centro de Día de Cáritas en Sagrada Familia
Residencia de mayores Ballesol
Asociacións para persoas de diversidade funcional e centros de acollida e inclusión social:
Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM)
Artefíos
Residencia El Buen Pastor
Asociación Parkinson Galicia- Coruña
Hogar de Sor Eusebia
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España