Descripción de la Exposición
"Estar pensando na morte da becerra" é unha mostra colectiva que reúne a 8 artistas (Marina Aradas, Rebeca Cambeiro, Victoria Lamas, Wences Lamas, Noemí Núñez, Alberto Ovejero, Puma e Fernando Voyeur). Toma de referencia o 1 de Novembro, data do calendario pagán galego, para por de relevo a importancia que ten o mundo da mitoloxía, os rituais e o paganismo na xeración dunha identidade galega e como este imaxianrio colectivo deixou e segue a deixar unha impronta nes creadores da Galiza.
Como dí o dito estar pensando na morte da becerra, non estamos atentes ó que se di ou se fai na arte contemporánea galega, estamos a outros pensamentos. Non estamos prestando atención a un suceso que non é novo dentro da arte do noso país, as referencias ao mundo místico da cultura e tradicións galegas.
A mitoloxía, os ritos, o paganismo, as lendas... son elementos vertebrares da nosa cultura. Non a podemos entender, e por ende non nos podemos entender sen achegarnos a este imaxinario colectivo, d’aí que sexa un tema reiterado na práctica artista des galegues. En maior ou menor medida, podemos observar na historia da arte galega como diferentes aspectos dese imaxinario místico aparecen reflectidos nas obras. Maruja Mallo, Luís Seoane, Bea Rei... son só algúns deses artistas que traballaron sobre a nosa cultura nun exercicio de busca da identidade, unha maneira de reflexionar sobre nós. Un traballo que non cesou na nosa historia, mais que si nos últimos anos foi mais invisibilizado.
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España