Descripción de la Formación
Ciclo de conferencias Galicia. Un século de creación. 1916-2016.
O ciclo de conferencias Galicia. Un século de creación 1916-2016, segue a reflexionar sobre a creatividade en Galicia. Este mércores 28 de novembro ás 19.00 horas na Fundación DIDAC en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia de Miguel Anxo Rodríguez González, Esculturas, intervencións e desprazamentos. Último terzo do s. XX en Galicia. O último terzo do século XX veu marcado en Galicia por cambios profundos que afectaron á sociedade, á política e á arte. As artes viviron un proceso de modernización acelerado, visible nas tendencias que sucedían e coexistían, aunando referencias que ían desde a abstracción xeométrica á cultura tradicional, a cultura de masas e as tendencias conceptuais; mesmo ampliando o concepto de escultura ata disolvelo, con intervencións espaciais e efímeras. Pero estes son tamén anos nos que o lugar e a función da escultura no espazo público van a estar sometidos a fortes debates e tensión, que duran ata o día de hoxe.
Este proxecto, que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que desenvolverá agora a súa parte, naceu coa idea de afondar no patrimonio cultural de Galicia e a súa creatividad, contando coa colaboración de recoñecidos profesionais da arte, a arquitectura e o deseño, así como outras manifestacións artísticas. A entrada é gratuita ata completar aforo.
Miguel Anxo Rodríguez González é profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), está especializado en historia da arte contemporánea e teoría da arte. Participa desde 1998 en proxectos de investigación sobre escultura contemporánea, paisaxe urbana e arquitectura, especializándose no contexto de Galicia e norte de Portugal. Ten realizado estadías de investigación en S-Hertogenbosch (Holanda) e en Winchester (Reino Unido). Traballou en torno á historia social da arte na segunda metade do século XX, con estudos sobre procesos creativos, formación artística, e confrontación entre políticas culturais e espazos de creación independientes. Autor de S-Hertogenbosch-Sargadelos: a creación en cerámica a través de dúas institución (2000), co-editor de Espazos de creación contemporánea (2005) e de Canales alternativos de creación. Una aproximación histórica (2013). Foi coordinador entre 2007 e 2011 do máster Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea, da USC.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España