Descripción de la Exposición
Entangled explora os mundos non humanos da selva amazónica, prestando atención á complexidade do incesante fluxo sonoro creado por insectos, aves, anfibios, mamíferos, réptiles, peixes, especies vexetais, solo, auga e tempo atmosférico.
A obra propón unha experiencia de escoita profunda, activa e prolongada, cultivando encontros sensoriais íntimos onde prima a afectividade por encima da representación e o significado. Convídase a explorar a escoita como un acto creativo, como forma de atención e ferramenta para investigar o mundo.
As e os oíntes-participantes atópanse nun espazo nunha escuridade case total, situados dentro dun campo sonoro xerado por un equipo de son multicanle.
Entangled presenta unha composición creada a partir de varios centos de horas de materiais sonoros ambientais gravados en ecosistemas forestais terrestres e asolagados (várzeas) nos territorios das reservas de Amanã e Mamirauá, na Amazonia central brasileira. O traballo de campo levouse a cabo durante dous meses na estación seca de 2015, en colaboración con moradores autóctonos.
Entangled maniféstase como unha serie de instalacións e concertos inmersivos con duracións estendidas e materiais sonoros diferentes. O proxecto emprega Ambisonics, un conxunto de técnicas de audio espacial (3D) que permite a súa presentación en diferentes sistemas de son e espazos expositivos. En SONS CREATIVOS preséntase como un evento de escoita compartida de 50 minutos cun sistema cuadrafónico.
Producido grazas a apoios do Instituto Mamirauá (Amazonas), Sonic Arts Research Centre (SARC), Queen’s University Belfast, Santander Mobility Award, Laboratório de Acústica e Artes Sonoras (LASom), UNICAMP (São Paulo), T-37 (Madrid), Sound and Music (Londres) e Arts Council Northern Ireland.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España