Descripción de la Exposición O artista, formado na Escola de Canteiros de Pontevedra (na que logo sería mestre), conta cunha ampla traxectoria profesional con multitude de premios e exposicións de ámbito nacional e internacional. Algunhas das súas obras forman xa parte ineludible da nosa xeografía, como a escultura 'Fiestra aberta ao mar' sita no Paseo Marítimo da Coruña. Esta exposición, aínda que non quere ser unha retrospectiva, si amosa o traballo do artista nestes últimos anos, e nela atoparás unha visión xeral da súa obra e dos seus elementos característicos, como son a variedade de materiais e a mestura dos mesmos, as ataduras e grampas ou os ocos, buratos e fiestras. Pero especialmente terás ocasión de ver pezas de carácter vertical, nas que o artista logra que nos deteñamos a buscar no seu interior.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España