Descripción de la Exposición
Elisa Gianni é unha fotógrafa italiana (Prato, Toscana, 1973) que pasou uns dez anos en Galicia. Durante a súa estadía deseguido se decatou da enorme importancia das mulleres do rural, como pezas fundamentais do motor das economías, coma a galega, e depositarias dun coñecemento profundo sobre a sociedade, así coma transmisoras deses coñecementos e impulsoras, en moitos casos, do traballo xuvenil no agro coma continuación do seu labor.
Desta experiencia naceron estas 15 fotografías de mulleres, en paisaxes diversas e situacións da vida cotiá. Son fotografías sen artificio, totalmente espontáneas, que amosan o duro traballo que contribúe ao sustento cotiá. Mans de mulleres traballadoras, continuadoras de labores e costumes tradicionalmente asociados ao universo feminino, pero tamén abertas e cunha enorme facilidade de adaptación aos novos tempos, asumindo roles considerados antano como masculinos, sen medo e sen complexos.
Exposición. 09 ene de 2025 - 14 feb de 2025 / Galeria Leandro Navarro / Madrid, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España