Inicio » Agenda de Arte

Discursos en acción

Conferencia / Librería NUMAX / Rúa de Concepción Arenal, 9 / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
El 04 jun de 2020

Horario:
11:30

Dirigido a:
Artistas, Profesionales, Organizaciones

Organizada por:
Performa

Profesionales participantes:
Suso Fandiño

ENLACES OFICIALES
Web 

Correo electrónico
comunicacion@numax.org

       



Documentos relacionados
pdf Dossier de "Discursos en acción"

Descripción de la Formación

Discursos en acción converterá a sala de cinema de Numax nun espazo onde ensaiar propostas a medio camiño entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual. Esta será unha das primeiras ocasións nas que o formato de conferencia performativa se poderá gozar en Galicia. A mestura entre arte e acción trouxo a partir dos anos sesenta moitas posibilidades a un discurso creativo que até ese momento tiña a pintura como raíña indiscutíbel das artes plásticas. Retomouse o pulo creativo das vangardas históricas e recolleuse o testemuño da innovación. A aparición da arte conceptual puxo en valor a arte non obxectual, a idea e o proceso como escenarios privilexiados de finais do século XX. A palabra converteuse en materia artística, recobrando o interese posto nela na primeira parte do século co Dadá ou co Surrealismo. Xunto á palabra e á idea como materias da arte aparece tamén o valor da acción. A finais dos cincuenta cos happenings exercítase un movemento da arte fóra do museo que non tería fin e que se seguiría desenvolvendo nos seguintes anos coa performance, a videoarte, o activismo feminista e exercicios como os das conferencias performativas. O emprego dos medios artísticos para transformar a conferencia clásica con dinámicas que axudan a acoller unha mensaxe por parte dun auditorio é clave nestas accións, cuxa relación co texto é tamén fundamental. Pero nas conferencias performativas non importan só as palabras senón todo o que acontece para reformular as propostas e, ao tempo, introducir as persoas espectadoras no espazo que a artista desexa. Empregando medios propios da escena e do teatro, usos da linguaxe publicitaria e a compoñente propia dos happenings e da arte de acción, as conferencias performativas fan de cada momento algo irrepetíbel. Este espírito rompedor do século XX é o que quere recoller o ciclo Discursos en acción. Seis artistas para dúas citas Seis importantes nomes da arte contemporánea galega encargaranse de darlle vida aos Discursos en acción: Misha Bies Golas, Macarena Montesinos, Jacobo Bugarín, Suso Fandiño, Xisela Franco e Alejandra Pombo. Todos habitan na súa práctica territorios híbridos onde mesturan disciplinas. Doutra banda, a experimentación nas súas obras é constante: adoito reinterpretan as posibilidades dos medios cos que traballan. Sábado 4 de xullo 11.30h Macarena Montesinos Memorias dunha amnésica 13.00h Suso Fandiño Os pintores da vida moderna. A cultura de masas nas orixes das vangardas 16.00h Alejandra Pombo A importancia de ser iceberg Máis información en NUMAX


Entrada actualizada el el 30 jun de 2020

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España

Pepa Caballero. Constelaciones abstractas

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España