Descripción de la Exposición
Durante oito días do mes de febreiro, a Capela da Madanela en Arzúa acollerá a exposición ‘DESTA PARTE QUEIXO CON ARTE’, unha HOMENAXE DESDE AS ARTES PLÁSTICAS AO 40ª ANIVERSARIO DA FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA.
“Desta parte, queixo con arte” está composta pola obra de 20 ARTISTAS GALEGOS, nas que a través da fotografía, a pintura, a escultura e a poesía renden homenaxe a este produto centenario.
Esta exposición, comisariada por Cristina Carballedo, presenta unha visión contemporánea do mundo do queixo e das feiras galegas onde este produto se pon en valor: así, vemos a visión dos antigos tratantes de cabalos que acudían as feiras de Baldomero Moreiras, a homenaxe as queixeiras na escultura de Luís de las Cuevas, as fotografías realistas co queixo como protagonista de Pedro Gº Losada, Peter Schneider e Anxo Orois, o surrealismo e a poesía na obra de Paco Pestana, o humor na escultura de Camilo Seira e na pintura de Jorge Espiral, a crítica social con estética pop de Jorge Agra, as referencias gastronómicas na obra de Leandro Sánchez, Seara e Alberto Gulias, o ambiente das tabernas na obra de Lino Silva e Alexandro, o bodegón de Veiras Manteiga, a simbolismo na obra de Alfonso Rivero de Aguilar, a homenaxe á vaca de Vicente Ruíz Soldevilla, a visión do campo, onde comeza este ciclo na obra de Manuel Nieto e Julio Sanjurjo, e a reinterpretación da iconografía galega de Fernando Barreira…
Estas 20 obras de 20 artistas galegos intervirán o solemne e senlleiro espazo da Capela da Madanela, antiga igrexa dun desaparecido mosteiro do s XVI.Situada en pleno Camiño de Santiago, foi cedida para usos culturais pola diocese ao Concello de Arzúa, reinaugurándose en 1996. Actualmente acolle una intensa e interesante actividade cultural.
A capela abrirá ao público de 19 a 21h. Calquera cambio nos horarios se notificará con antelación. Na inauguración poderemos gozar dun viño e un petiscos de queixo grazas á colaboración de bodegas Nairoa e o C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España