Descripción de la Exposición
"Débedas e Préstamos" é o título da exposición, con ao redor de corenta pezas, que o escultor Gonzalo Sarasquete (Santa Uxía de Ribeira,1961) presenta nas salas do Museo do Pobo Galego. O escultor, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, inicia o seu camiño profesional na década dos oitenta baixo a influencia do grupo Atlántica, movemento co que comparte a idea historicista de resaltar o compromiso da arte coas raíces.
Neste caso, a interrelación da súa obra formúlase, en clave contemporánea, coa estética do barroco de placas compostelán que implanta Simón Rodríguez en fachadas como a do convento de Santa Clara. Nun dinámico xogo de volumes e luces, os cilindros, molduras e volutas do granito galego convértense en significados actuais materializados pola potencia expresiva do material que o autor utiliza nestas creacións: a lousa.
Un documental de Miguel Harguindey reforza a interferencia plástica que activa a relación destas formas contemporáneas coas trazas barrocas, un pretexto expositivo que Gonzalo Sarasquete esgrime como táctica para reinterpretar a escultura destes inícios do século XXI.
Formación. El 30 ene de 2025 / Fundación Juan March / Madrid, España