Descripción de la Exposición
CREATAS, I Feira de arte independente de Betanzos abrirá as súas portas entre o 22 e o 30 de decembro no recuperado Matadeiro Municipal, emblemático edificio modernista situado entre o río Mandeo e o Casco Vello.
CREATAS é una iniciativa xurdida entre artistas das Mariñas (Colectivo arTeu e La Madriguera) ao que deu soporte o Concello brigantino, cedendo o espazo, facilitando a publicación do catálogo e proporcionando o soporte preciso para as actuacións, obradoiros...
CREATAS nace co propósito de dar visibilidade á obra de artistas plásticos de Betanzos e a súa contorna na procura de camiños alternativos aos circuítos establecidos; abrir un contacto, sen intermediarios, entre a obra de arte e o público xeral, que sexa a/o artista quen fale directamente co seu público.
Ao mesmo tempo pretende impulsar redes de colaboración entre creadores e creadoras, e que ese tecido artístico involucre ás outras artes, como é a música e a escrita, con gran capacidade de diálogo entre sí.
Exporán as súas obras Dulce Das Anca, Carlos Botana, Teresa Candal, Nieves Castrolara, Inma Doval Porto, Noemí Lorenzo, Mercedes Mored, Isabel Pintado, Polo, Pilar Cancio, Laura Sánchez, Tono Galán, Xacobe Meléndrez Fassbender. Como complemento, na librería Biblos, poderá visitarse a exposición LUSITANAS, coas tres artistas portuguesas convidadas: Renata Carneiro, Miriam Rodrigues eTeresa Pedroso.
Pero existe una intensa e interesante progamación complementaria de obradorios, música e poesía:
As actividades musicais inclúen actuacións e presentación de discos de Brais Morán, Escola de Música Clave, DOA, César Morán, Xosé Taboada Durán, Paco Campos, Bule Bule e Quintas Canella grupo.
A poeta Eva Veiga presentará os seus últimos poemarios "Soño e vértice" (premio de poesía Concello de Carral, na súa XVIII edición) e "Silencio percutido" ( XXXI premio de poesía Cidade de Ourense), ambos publicados en Espiral Maior.
Desenvolveránse 3 obradoiros artísticos impartidos por tres "CREATAS": - Retrato e autoretrato/ Isabel Pintado; -Acuarela e poesía / Teresa Candal; -A abstracción desenvolvendo a creatividade / Nieves Castrolara. As prazas están limitadas a 15 en cada un, sendo preciso inscribirse no correo creatasbetanzos@gmail.com ou no teléfono 658078332. Respetaráse a orden de inscripción.
Organiza: arTeu e La Madriguera
Dirección da feira: Nieves Castro Lara, Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval Porto
Coordina actividades musicais: Xosé Taboada Durán
Patrocina: Concello de Betanzos
Colaboran: libraría Biblos, Fundación CIEC; escola de música Clave e O Rastro de Merce.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España