Descripción de la Exposición
Cravos ao peito que rezuma luz, a noite vívida, unha escolma onde o preto se volve branco. É así. Sentimentos, mente, subconsciente. Luz, pasmación, marabilla. É a nova arte galego - portuguesa, o neotenebrismo. Porque é das tebras, do negro negrísimo de onde xorde o sublime. Cravo ao peito trátase dunha exposición que reúne a 12 artistas de ámbolos dous países, de terras asoballadas, de xentes sufridoras.
Perante a distancia, a unión. Cando o mundo se afana por ocultar, esquecer, relembramos na noite, trazamos camiños, tuneis, que como toupas, sen ver, fannos atoparnos. Un encontro que xorde a través da arte. Obras que son metáforas de todos eses ocos abertos no preto, que nos achegan.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España