Inicio » Agenda de Arte

Converxencias 2012 (Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón)

Exposición / Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Ver mapa


Cuándo:
26 abr de 2012 - 31 may de 2012

Inauguración:
26 abr de 2012

Organizada por:
Museo Provincial de Lugo

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

A Escola de Arte 'Ramón Falcón de Lugo' presenta no Museo Provincial de Lugo a exposición Converxencias 2012. A mostra está composta por unha selección de obras e proxectos realizados nos últimos anos polos alumnos dos diferentes ciclos e estudos impartidos no centro. O deseño gráfico e de interiores, a cerámica, a fotografía, os medios audiovisuais o gravado e a serigrafía artística cohabitan e interactúan reciprocamente nun espazo común, escenario de intersección das distintas especialidades da escola. Noutro senso a exposición tamén é nexo de converxencia da escola e a cidade. Os proxectos dos alumnos de Estudos Superiores de Deseño Gráfico, conciben e expresan o labor do deseñador gráfico como a dun creador cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerar mensaxes e transmitir contidos de natureza diversa en todos aqueles eidos da comunicación que a sociedade precise. É claro, o obxectivo da Escola de Arte e Superior de Deseño é formar deseñadores que ademais de optimizar os procesos de comunicación sexan capaces de analizar, innovar, investigar, transmitir valores, difundir cultura e adquirir unha responsabilidade social e ambiental. Por outro lado, os proxectos dos alumnos de Estudos Superiores de Deseño de Interiores, demostran unha notable capacidade para analizar, investigar e proxectar, así como expresan a vocación de dirixir equipos de proxectos e de execución de obras de deseño de interiores, ao mesmo tempo que manifestan a versatilidade destes futuros profesionais para actuar como interlocutores directos ante as administracións públicas no ámbito da súa profesión. Os ámbitos principais onde desenvolven as súas actividades son: vivenda e deseño dos espazos interiores para o hábitat; deseño de espazos comerciais e de ocio; deseño de espazos administrativos; deseño de espazos culturais, educativos e lúdicos; deseño de espazos efémeros; rehabilitación de vivendas; paisaxismo e deseño de espazos públicos; xestión empresarial de actividades creativas; deseño dos espazos interiores dos distintos sistemas de transporte; xestión de obras, medicións, orzamentos e prevención de riscos no ámbito do deseño de interiores; dirección de obras no ámbito do deseño de interiores; investigacións e docencia. A fotografía e os medios audiovisuais tamén están presentes na mostra coas obras dos alumnos do Ciclo Formativo de Grao Superior en Fotografía Artística. Estes estudos teñen como obxectivo dar unha formación integral no campo da fotografía, desenvolvendo a creatividade e o coñecemento desta disciplina artística. O noso plan de estudos consta de dous cursos académicos ademais dun proxecto fin de carreira e unhas prácticas en empresa, que se levarían a cabo tamén no segundo ano. Combina a práctica fotográfica diaria, encamiñada á realización de traballos profesionais e proxectos fotográficos persoais, coa impartición de coñecementos técnicos e unha importante área de reflexión sobre a teoría, a historia da fotografía e da imaxe audiovisual. Os traballos dos alumnos do Ciclo Superior de Cerámica Artística, serven de paradigma para entender as ensinanzas impartidas nesta disciplina, orientada a formar profesionais cun amplo coñecemento técnico, artístico e cultural, que os capacita para exercer a súa actividade, ben en empresas cerámicas, ben realizando un labor artístico no seu propio taller, xa sexa no eido artístico, artesanal ou industrial. A duración do ciclo é de dous cursos académicos, con proxecto final e prácticas en empresa, titulándose como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Cerámica Artística. Estes estudos, permiten o acceso a outros estudos como: Arquitectura Técnica, Enxeñería, Deseño industrial, Maxisterio, (Educación Especial, Infantil e Primaria), Belas Artes, Xeoloxía, Historia da Arte, aos Graos de Artes Plásticas e Deseño e aos Graos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. A serigrafía tamén ten presenza na exposición. Podemos aproximarnos ao traballo desenvolvido polos alumnos do Ciclo Medio de Serigrafía Artística, que ao finalizar seu período formativo reciben a titulación de Técnicos en Serigrafía Artística de Artes Plásticas e Deseño. As súas obras demostran un control dos procesos básicos de realización da serigrafía artística, coas técnicas tradicionais e actuais propias desta especialidade, analizando as especificacións técnicas dos materiais utilizados e organizando os medios de produción e as medidas para seu mantemento periódico preventivo. Estas serigrafías seleccionadas ademais evidencian unha notable capacidade para aplicar con rigor a reprodución fotomecánica, a supervisión e a realización da impresión. Finalmente, tamén están presentes con identidade propia as obras dos alumnos do Ciclo Formativo de Grao Superior en Gravado e Técnicas de estampación. As matrices, talladas, impresas, os gravados, acompañannos coa súa maxia expresiva, ledicia e sensibilidade nesta exposición, materializada por futuros profesionais que mantendo viva a tradición atópanse na vangarda, deixándonos a súa pegada, a súa impronta, a súa persoal fabulación de soños e realidades.

 


Imágenes de la Exposición
Converxencias 2012

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 27 ene de 2025 - 10 mar de 2025 / Vitoria-Gasteiz, Álava, España

Beca Internacional de Investigación Juncal Ballestín 2025

Ver premios propuestos en España

Exposición. 07 mar de 2025 - 19 oct de 2025 / Museo Guggenheim Bilbao / Bilbao, Vizcaya, España

in situ: Refik Anadol

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España