Descripción de la Exposición ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- A Casa dos Poetas acolle desde o 16 ata o 30 de novembro unha mostra coas dezasete fotografías seleccionadas para optar a un dos tres premios e dous accésit do Concurso Foto-poesía-móbil 2011 convocado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Esta exposición enmárcase no programa do 'Outono fotográfico 2011' organizado pola Casa de Xuventude de Ourense. A temática desta mostra xira en torno ao celanovés Celso Emilio Ferreiro (nas portas da celebración do I Centenario do seu nacemento en 2012). Seis foron os poemas propostos e nos que os concursantes deberon inspirarse para realizar a captura das imaxes, polo que cada unha delas vai acompañada do fragmento do poema escollido entre 'Os meus amigos', 'O meu val', 'O estranxeiro' e 'Ourense na lembranza' de Onde o mundo se chama Celanova, 'Son un pasmón' de Longa noite de pedra e 'Doce outono' de Viaxe ao País dos Ananos. O fallo do xurado, farase público ao remate da exposición a través das páxinas web www.concellodecelanova.com e www.currosenriquez.es e nas instalacións do Concello de Celanova e da Casa do Poetas. 1º premio: Cámara de fotos dixital e impresora fotográfica 2º premio:Marco de fotografía dixital 3º premio: Mp4 Accésit 1: material de fotografía Accésit 2: material de fotografía
Outono fotográfico 2011.
Premio. 27 ene de 2025 - 10 mar de 2025 / Vitoria-Gasteiz, Álava, España
Exposición. 03 feb de 2025 - 11 may de 2025 / Museo Nacional Thyssen-Bornemisza / Madrid, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España