Descripción de la Exposición
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, xunto co colectivo de fotógrafos La Diapo Fotografía conformado por Esteban de la Iglesia e Manu Suárez, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a mostra «Como me presento? 17 encontros fotográficos para recoñecerse nas persoas con TEA» na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo. Comisariado por Monse Cea, este proxecto convida á sociedade a cuestionarse como se constrúe a identidade social das persoas diversas, nunha proposta de coidada linguaxe e estética, para descubrir a arte inclusiva e contribuír no recoñecemento dos seus protagonistas. A inauguración será o vindeiro luns 4 de xuño, ás 19.30 h, e asistirán os fotógrafos autores da mostra, Esteban de la Iglesia e Manu Suárez; a comisaria, Monse Cea; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.
Este proxecto retrata 17 encontros que tiveron lugar entre persoeiros destacados na sociedade galega, como Luís Tosar, Sés, Ángel Carracedo ou Pepe Solla, e persoas invisibilizadas pola súa diferenza. Mentres, os fotógrafos Esteban de la Iglesia e Manu Suárez rexistran coas súas cámaras estes encontros creando, así, unha obra de arte coral.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España