Descripción de la Exposición
Con esta exposición o centro levará a cabo unha revisión dos fondos da Colección CGAC trazando liñas de problemáticas actuais en diálogo con obras doutras coleccións institucionais e privadas, como a Colección Fundación RAC.
Dentro deste programa expositivo presentarase o conxunto de obras de Louise Bourgeois pertencente ao CAAC de Sevilla. Toda a produción desta artista trata das emocións provocadas polos recordos da súa infancia, por iso se sitúa en espazos domésticos cheos de obxectos que son ao mesmo tempo realidade e metáfora daquilo que non se pode dicir. Bourgeois fala de sí mesma, da súa identidade, da relación cos outros, dos roles masculino e feminino, dun xeito en que o espectador pode ver reflectidas as súas propias dúbidas, os seus medos e os seus conflitos.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España