Descripción de la Formación
O vindeiro martes 14 de novembro ás 19:30 h. continúa o ciclo de conferencias ´Galicia. Un século de creación. 1916-2016´ que a Fundación DIDAC impulsa coa axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña e en colaboración con varias institucións da provincia como o CGAC, USC, Auditorio de Galicia ou Centro Torrente Ballester de Ferrol. Nesta ocasión, será o experto en fotografía Vitor Vaqueiro quen impartirá a conferencia A consumación do soño baudelairiano na fotografa galega (1860-1936), que terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
A semana seguinte, as conferencias terán lugar no propio espazo da Fundación DIDAC en Santiago de Compostela e serán o crítico de arte Carlos Bernárdez o día 21 de novembro e a comisaria Rosario Sarmiento o día 23 do mesmo mes, os encargados de continuar co achegamento á creación en Galicia. Carlos Bernárdez falará dos artistas galegos no exilio en Diáspora. A arte galega da república non exilio, e Rosario Sarmiento pola súa banda farao sobre surrealismo en Maruja Mallo, Eugenio Granell, Urbano Lugrís: Tres diferentes relatos surrealistas. Ambas conferencias terán lugar ás 19.30 h.
A asistencia ás conferencias é gratuíta e permitirase o acceso ata completar o aforo. Se alguén desexa reservar a súa praza pode inscribirse a través da web de DIDAC www.didac.gal ou no correo electrónico info@didac.gal.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España