Descripción de la Exposición
Convirto o privado en público.
Caderno vermello
é un diario íntimo,
é autocoñecemento,
é autonomía,
é pensar a través do corpo.
Diario pintado con sangue, escrito visceralmente con luz.
Caderno vermello
plasma as experiencias de ter útero, ser cíclica
e ser unha persoa potencialmente capaz de concebir, xestar e portar nenes.
A menstruación
tamén chamada período,
ten uns tempos diferentes aos do capitalismo patriarcal, o noso cuerpo desafía
o paradigma productivista da sociedade actual.
Pausa.
Caderno vermello é un diario íntimo, fala de sentimentos, sensacións e de aprender a conectar co propio corpo. É un diario pintado con sangue e escrito visceralmente con luz. Convirto o íntimo en público, expoño a miña vida. En Caderno Vermello plasmo as experiencias que me xenera ter útero e ser unha persoa potencialmente capaz de concebir, xestar e portar nenes. Analizo como a menstruación, tamén chamada período, ten uns tempos diferentes aos do capitalismo patriarcal, o noso corpo desafía o paradigma productivista da sociedade actual.
Caderno vermello é unha obra que se apoia en referentes diversos, comezando por un clásico imprescindible pero todavía vixente El Segundo Sexo de Simone de Beauvoir -o horror ao sangue é un dos puntos claves deste proxecto, entendelo facilitaranos vivir plenamente a condición de ser humano-.
A idea é visibilizar ó sangrado e aprender unhas das outras xa que a menstruación aínda é un tema tabú e de censura. A sociedade fainos sangrar en silencio, sentila menstruación como algo negativo e sucio, cabe destacar que moitas persoas sinten asco da súa propia menstruación, non a tocan, non a hulen.
Neste proxecto deixome poseer pola especie, conecto co meu corpo para ler os sinais e sensacións que este me proporciona. As miñas bragas forman parte do diario, desexo ter a menstruación e sentir que estou nun punto álxido do proceso, introvertida, reconectando, pintando e dialogando co meu propio corpo. Propoño coñecernos a través da ofrenda dos coñecementos doutras en círculos de coidado interxeneracionais. Con Caderno Vermello demando melloras na educación menstrual e na formación dos médicos, demando seguir pensando na baixa menstrual, ¿é esta un dereito biolóxico?
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España