Descripción de la Exposición
Desde o martes 1 de agosto as 19 horas terá lugar na capela da Madanela en Arzúa, a exposición Bo Camiño, na que contaremos coa colaboración de AlberteRibeiro.
Atendendo á propia historia do espazo expositivo, emprazado nun lugar emblemático do Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa, presentamos unha exposición multidisciplinar de artistas galegos na que o fío condutor é : a idea, a inspiración, o concepto do Camiño de Santiago. Cada un dos artistas participantes elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu do Camiño de Santiago. Unha obra acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o Camiño , co que se pretende invitar o visitante a reflexión
Son moitas e diversas as motivacións persoais para realizar e interpretar o Camiño de Santiago. De igual forma son distintas e múltiples as percepcións que podemos ter sobre esta experiencia. A idea final é construír unha imáxe contemporánea do Camiño a través da obra de artistas galegos. Con esta mostra, ponse en valor un espazo expositivo con valor histórico e patrimonial e a obra de artistas galegos que a través das súas obras abren unha porta para o coñecemento e divulgación da nosa arte máis actual. A flecha amarilla interpretada por Jorge Agra, Xer Refojo, Jorge Espiral, e Marco; as botas de Toño de López, os pes do peregrino de Isabel Alonso; a rúa de Santiago de Xabier Carrasco; a representación da catedral de Rebeca Novo e Miguel Anxo Macia; as travesas do tren de Violeta Bernardo, a estación de chegada de Mila Vázquez; os palleiros de Baldomero Moreiras, a palloza do Cebreiro de Noa Persán, as paisaxes do Camiño de Germán Limeres, Marcos Real e Filipe Rodrigues , o xogo da oca de Honorio, o irmá do camino de Fernando Yáñez, e os peregrinos de Camilo Seira, Oscar Aldonza e Luis de las Cuevs.
A capela da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal.O primitivo retábulo, datado no século XVI, era todo de pedra, e só se conserva del a predela, ubicada, actualmente, no lugar que se cre ocupaba antaño. Atópase na Rúa Cima do Lugar, no tramo urbano do Camiño de Santiago, foi reinaugurada, como sala cultural, o día 21 de xuño de 2006, coa exposición itinerante de Maruxa Mallo “A transgresión feita muller”.
A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España