Descripción de la Exposición
Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente que se mostra ao completo por primeira vez. A mostra ábrese con Campos de fútbol (1992-1995), o primeiro proxecto que obtivo recoñecemento público, unha serie que, establecendo unha dialéctica entre lugar, tempo e memoria, anuncia os eixes conceptuais arredor dos que posteriormente xirará o seu traballo. A exposición complétase con obras pertencentes ás series Origen (2003-) e Prontuario. Notas en torno a la guerra y la revolución (2011-).
Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea. O seu traballo propón, desde unha excelente factura formal, unha interrogación crítica sobre as imaxe e a historia, sobre a relación entre o pasado e o presente, e sobre os discursos e visións que atravesa esa relación.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España