Descripción de la Exposición
Límites. O mundo é tan grande que para comprendelo o partillamos. Acotamos espazos e momentos para tentar abranguer a totalidade.
Os minifundios fanse tan cativos que desfiguran a paisaxe e perdemos perspectiva ao esquecernos da unidade da que formamos parte.
Confrontamos: individuo/sociedade, sociedade/natureza, natural/artificial, público/privado, rico/pobre, vida/morte... o límite é o gume do coitelo onde se agacha o equilibrio, no bordo do esquecemento.
Berros no roncar das onda. A costa, máis aló de marcar unha fronteira entre a terra e o mar, é metáfora e realidade do encontro entre o home e a súa contorna.
Sinal de identidade da xeografía galega e paradigma do seu encontro coa sociedade.
Alí onde rompen as ondas di o mariñeiro que o mar berra, e o noso poeta (Bernadino Graña) pon palabras aos seus bramidos de paisón, esperanza e denuncia. E cando o mar fala polos seus versos, encoraxado pola especulación, a contaminación ou o desleigamento, chama-o o bardo para que asulague coma un tsunami esta especie esquilmadora, destructora e egoista, que só pensa no propio e no momento, desprezando a súa característica inicial de intelixencia coa que poder relacionar unha acción coa súa consecuencia a través do tempo.
A miña man de fotógrafo, a miña ollada, a miña mente poñenlle imaxe as iconas líricas adoptando o ponto de vista dese organismo vivo que é o océano. Estratexia que se demora na visión dunha paisaxe humanizada, para gloria e vergoña dos seus actores e sufridores a un tempo.
“Berros no roncar das ondas” tenta xuntar a voz do sentemento e a mirada para reforzar o seu inquerimento. Quen somos? O que facemos? Que ficará do noso paso fugaz no tempo? Vida, coma nós mesmos, ou morte como o resto do noso sentempo.
Xacobe Meléndrez Fassbender
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España