Descripción de la Exposición
A costa, máis aló de marcar unha fronteira entre a terra e o mar, é metáfora e realidade do encontro entre o home e a súa contorna. Sinal de identidade da xeografía galega e paradigma do seu encontro coa sociedade.
Alí onde rompen as ondas di o mariñeiro que o mar berra, e o noso poeta (Bernadino Graña) pon palabras aos seus bramidos de paisón, esperanza e denuncia. E cando o mar fala polos seus versos, encoraxado pola especulación, a contaminación ou o desleigamento, chama-o o bardo para que asulague coma un tsunami esta especie esquilmadora, destructora e egoista, que só pensa no propio e no momento, desprezando a súa característica inicial de intelixencia coa que poder relacionar unha acción coa súa consecuencia a través do tempo.
A man do fotógrafo (Xacobe Meléndrez), a súa ollada, a súa mente poñenlle imaxe as iconas líricas adoptando o ponto de vista dese organismo vivo que é o océano. Estratexia que se demora na visión dunha paisaxe humanizada, para gloria e vergoña dos seus actores e sufridores a un tempo.
"Berros no roncar das ondas" tenta xuntar a voz do sentemento e a mirada para reforzar o seu inquerimento. Quen somos? O que facemos? Que ficará do noso paso fugaz no tempo? Vida, coma nós mesmos, ou morte como o resto do noso sentempo.
Todas las fotos son impresión glicée con tintas pigmentadas Lucía II, sobre papel Permajet Portrait White 100% algodón de 285 gr/m2,
Tamaño 60 x 90 cm enmarcadas en marco de madeira negro en 3D con cristal, dimensións exteriores aprox 90 x 105 cm.
Edición de 5 copias asinadas e autentificadas con marca en relevo.
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España