Inicio » Agenda de Arte

Bar

Exposición / Espacio 48 / Rua do Vilar, 48 / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
15 sep de 2011 - 17 oct de 2011

Inauguración:
15 sep de 2011

Organizada por:
Espacio 48

Artistas participantes:
Denís Estévez

       


Descripción de la Exposición

Denís Estévez Fernández presenta na galería Espacio 48 a súa máis recente proposta, unha selección de debuxos e óleos realizados neste último ano.

 

A mostra leva por título Bar, voz que desvela o interese do autor por manter a súa pintura xunguida a impresións persoais, recordos, mesmo a cousas aparentemente banais que adquiren valor grazas ao azar. O pretexto literario, A Esmorga de Blanco Amor, sintoniza coa representación plástica sometida aos avatares estéticos actuais. O expresionismo, avivado polos empastes da materia e a forza da cor, alenta as composicións e reforza a intensidade emocional que argúe o fío expositivo.

 

A Denís Éstevez interésalle a taberna, o bar, o pub, como espazo de comunicación e de liberación das restricións económicas. Tamén de mestura entre tipos humanos diversos, incluíndo aquel ao que el mesmo pertence. A metáfora da Esmorga non debe tomarse como se a pintura de Denís se referise a seres suburbanos ou fose solidaria dunha estética tremendista.

 

Designa algo máis clásico: un ámbito no que a vida pode multiplicarse sen ficar reducida a cinza.

 

É un espazo ambiguo, non exento de tensión, pero interesante.

 

Denís Estévez Fernández iniciouse no mundo da arte no taller de debuxo e pintura de Charo Santiago. Formación que completou en distintos talleres baixo a supervisión de consagrados artistas como Joan Hernández Pijuán, Carlos Capelán, Eduardo Arroyo ou, en fotografía, Christopher Makos.

 

A súa obra foi seleccionada no certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense e no Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo. Murais e obras efémeras en varios locais de Santiago e Vilagarcía, forman parte da súa inquietude artística.

 

Compaxina o seu traballo como artista plástico coa práctica fotográfica na que ten levado a cabo distintas reportaxes de arquitectura e patrimonio, urbanismo e paisaxe, como a reportaxe fotográfica 'Desconstrucción' sobre a demolición do vello hospital de Santiago de Compostela.

 

Neste exercicio coa fotografía enmárcanse distintas colaboracións en libros e publicacións periódicas.

 


Imágenes de la Exposición
Denís Estévez, Bar

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. O si lo prefieres, también puedes ponerte en contacto con su autor.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 09 sep de 2024 - 13 oct de 2024 / Madrid, España

#VersionaThyssen XXI

Ver premios propuestos en España

Exposición. 25 sep de 2024 - 10 mar de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Soledad Sevilla. Ritmos, tramas, variable

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 15 oct de 2024 - 30 jun de 2024 / Museo Nacional Thyssen-Bornemisza / Madrid, España

Organismo I Art in Applied Critical Ecologies

Ver cursos propuestos en España