Descripción de la Exposición
Para quen trata de arrincar do subconsciente e da memoria, día a día, a liña argumental da sua obra unha mostra sobre o outono poidera parecer, en principio un contrasenso. Pero, como cáseque todas as cousas, tamén esta mostra ten unha orixe e unha historia. A orixe aconteceu fai algunas décadas no Central Park de New York, unha mañan fría a finais do mes de novembro. Aquel chan alfombrado multicolor, espontaneo e libre – amarelos, bermellos, azuis, maxentas, violetas, e non sei cantos centos de cores mais – pareceume daquela un dos acontecementos mais fermosos do mundo ainda que un non saiba canto e reconstruido e canto e verdade. Pero aquel espectáculo tan fermoso estaba encerrado, atrapado entre grandes edificios de formigón, como si fora un outono enmarcado, un cadro de luxo. Ata aquel intre eu non tivera conciencia da existencia do outono pero tamén ali mesmo souben que aquelo, algún dia teria que píntalo.
Dende aquela, funme enchendo de outonos - Europa, Africa, America, en Cuenca ou en Sevilla, nos ancares ou no Courel, en Vilachan de Abaixo ou na República Independende do Lourido. I eses outonos fóron enriquecendo a alma e remexéndose en éla xunto cos vaibens da vida, os labirintos polos que camiñamos e nos que viramos a miudo. En esas reviravoltas do tempo tamén o inconsciente foi, pouco a pouco, tornando consciente de xeito que no subconciente quedou tan só o reducto do que xa fora, os arquetipos da historia vivida. Un bo dia ese outono misturado saiu da memoria ao soporte i asi naceu esta obra, ainda fai non moito. Si estes arquetipos meus son tamén teus, daquela saberás que, ao final, este camiño haberémolo feito xuntos….
Exposición. 11 abr de 2025 - 28 sep de 2025 / Museo Guggenheim Bilbao / Bilbao, Vizcaya, España
Formación. 08 may de 2025 - 17 may de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España