Descripción de la Exposición ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- PROGRAMA A Duración total: 2 horas 'Connected' (Duración: 1 hora 30 ' - Versión Orixinal Subtitulada) 'Connected', dirixida por Tiffany Shlain. Unha película persoal con resonancia universal. Shlain, fundadora dos premios Webby e co-fundadora da Academia de Artes Digitales, é considerada unha das pioneiras orixinais de Internet. Documental e memorial a partes iguais, o filme desenvólvese ao longo dun ano no que a tecnoloxía e a ciencia se converteron, literalmente, nunha cuestión de vida ou morte para a súa directora. Mesturando animación, imaxes de arquivo, e gravacións persoais, Shlain revela os estraños lazos que nos unen a todos. Non so ás persoas que amamos, senón ao mundo en xeral. Rosto - The Monster of Nix (Duración: 30 minutos) Rosto - deseñador, realizador e músico - ten nova obra de animación dixital: The Monster of Nix. O seu singular estilo, admirado por Terry Gilliam, e o seu sólido traballo en curtametraxes e videoclips sitúano entre un dos máis recoñecidos (e recoñecibles) animadores contemporáneos europeos. Co tempo, Rosto ten evolucionado dende un achegamento gráfico á animación, con ecos na súa obra de David Carson ou Dave McKean, a un ámbito máis cinematográfico onde, anota o autor, non falta a influencia de David Lynch. Os seus personaxes habitan un mundo escuro de soños e pesadelos. Son personaxes obsesivos, dispostos a acometer xestas imposibles mentres se perden nos seus propios labirintos mentais. The Monster of Nix conta no reparto coas voces de Tom Waits e Terry Gilliam e música de The Residents. PROGRAMA B Duración total: 2 horas PressPausePlay (Duración: 1 hora 20' - Versión Orixinal Subtitulada) 'Press, Pause, Play' é un filme sobre a importancia dos novos medios na música, a arte e o diseño, incluíndo entrevistas con algúns dos máis influentes creadores da era dixital. A revolución dixital da última década ten disparado o talento dun xeito sen precedentes, xerando unha nova creatividade sen límites. Pero, isto significa que unha cultura democratizada xera mellores expresións de arte, cine, música e literatura? Ou o talento se perde nese vasto océano dixital da cultura de masas? PressPausePlay contén entrevistas con creadores como Moby, Bill Drummond (KLF), Sean Parker (Napster), Amy Philips (Pitchfork), Anne Hilde Neset (The Wire magazine) e Christopher Weingarten (Rolling Stone). Mapping the Mappings (Duración 30 minutos) Dende hai varios anos as proxeccións comunmente denominadas 'mappings' entraron nos nosos espazos públicos e nas nosas vidas. Coa axuda das novas tecnoloxías, unha nova xeración de creadores utilizan os sistemas de proxección para xerar espazos comúns multi-sensoriais e experiencias de alta intensidade. Esta selección inclúe os mellores traballos recentes de Seeper, 1024 Architecture, Urban Screen e Darkfejzr. PROGRAMA C Duración total: 2 horas ArtFutura Show (Duración 1 hora) Selección comisariada das mellores pezas de animación 3D producidas no mundo durante o último ano, que inclúe traballos de Alister Lockhart, Damian Nenow, Tolga Ari, Markus Wagner e as dúas obras máis premiadas nos festivais de 2011: 'Flamingo Pride' de Tomer Eshed e 'Paths of Hate ' de Damian Nenow/Platige Image. Music Video Showcase by MECAL (Duración 1 hora) Nesta edición, ArtFutura ten invitado a Roberto Barrueco, director e fundador de Mecal, Festival Internacional de Cortometrajes de Barcelona, a presentar unha selección de vídeos que recollen algunhas das obras máis creativas do último ano no ámbitodo videoclip. O seu programa recorre as novas tendencias visuais, estéticas e gráficas do panorama internacional, cos traballos de Scissors Sisters, Unkle, Moray McLaren, The Temper Trap, Massive Attack e Björk. PROGRAMA D Duración total: 2 horas Futura Graphics (Duración 1 hora) Futura Graphics inclúe as pezas máis destacadas do motion graphics e a creación dixital recentes. Cada peza é un alarde de dirección de arte e en todas elas hai unha intención de experimentar coa linguaxe, a estética ou a técnica, con traballos de David O'Reilly, Rusell Weekes, Chris Milk, Olivier Babinet, Sergio Saleh, Dvein e outros. Retrospectiva - Canada (Duración 1 hora) Creadores de videoclips para grupos como Scissors Sisters, White Lies, Two Door Cinema Club e Oh Land, os barceloneses Canada son probablemente os realizadores de videoclips e publicidade máis internacionais do momento. Soños, fantasías, estigmas e sensualidade mestúranse nas súas obras dun gusto arrebatador e unha realización impecable. Nicolás Méndez, Luis Cerveró e Lope Serrano escolleron para ArtFutura os traballos dos que se senten máis orgullosos. E é para estalo.
Como cada año por estas fechas, llega la XXI edición del festival de Cultura y Creatividad Digital ArtFutura 2011 que este otoño tiene por titulo Repasando el Futuro para explorar los proyectos y las ideas más importantes que han surgido en el último año en el panorama internacional del new media y la cultura digital. De su programa audiovisual destaca el documental Connected de Tiffany Shlain (fundadora de los premios Webby), un fascinante documental sobre la incidencia de las nuevas tecnologías en nuestras vidas. La película, que se presentó en Sundance este mismo año, se estrenará en ArtFutura en versión original subtitulada. Además del documental Connected , ArtFutura 2011 tiene como protagonista otro documental sobre cultura digital: Press, Pause, Play . Así como la nueva obra de animación de Rosto ( The Monster of Nix ) con voces de Terry Gilliam e Tom Waits e música de The Residents.
Premio. 27 ene de 2025 - 10 mar de 2025 / Vitoria-Gasteiz, Álava, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España