Descripción de la Exposición
A exposición é resultado do traballo de investigación realizado polo grupo Galicia Cidade e Territorio, froito da subvención concedida á Universidade da Coruña dentro do programa O Teu Xacobeo, ao redor da arquitectura da auga ao seu paso polos cinco camiños de peregrinación que conflúen en Santiago.
Tras seleccionar lugares en cinco municipios radiais a Compostela e a unha distancia media de 12 km do centro histórico, preténdese descubrir como unha arquitectura modesta pode conducirnos a través das relacións significativas a estruturas máis complexas.
O taller teórico e práctico é un work in progress, guiado pola arquitecta Elisa Gallego e o fotógrafo valenciano Julián Barón, merecedor dunha mención de honra no First PhotoBook Award, París Photo - Aperture Foundation polo seu libro C.E.N.S.U.R.A. xunto aos arquitectos Juan Creus, Pablo Gallego e Francisco Leiva do Grupo Aranea.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España