Descripción de la Exposición
Antonio Quesada (Ourense, 1932 - Vigo, 2015) é un dos paisaxistas máis importantes polo suxestivo e o inconfundible estilo dos seus cadros. A súa obra caracterízase por un exquisito dominio técnico e unha permanente vocación anovadora. A súa paisaxe, conformada en liñas xeométrico-figurativas e, case sempre, suxerida nas súas formas, sitúanos en mundos estraños, misteriosos, case metafísicos, que conforman unha pintura intensamente emotiva, sensible e intimista.
Participou activamente no movemento cultural que conmocionou as artes plásticas galegas na segunda metade do século XX baixo a tutela de intelectuais do talle de Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor. A súa amizade cos poetas zamoranos Claudio Rodríguez e Hilario Tundidor influíu decisivamente na peculiar concepción lírica da súa pintura. A súa obra atópase representada en numerosos museos e coleccións institucionais de España, Europa e América.
Transcorridos tres anos desde o seu falecemento, esta exposición representa un corpus plástico único e excepcional pola ampla representación da súa obra de gran formato, en que o espectador pode somerxerse no lirismo de paisaxes que incitan á introspección e á reflexión, e onde, aínda co home ausente, a imaxe expresa unha defensa sobre a condición humana.
Exposición. 08 feb de 2018 - 19 abr de 2018 / Teatro Afundación - Vigo / Vigo, Pontevedra, España
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España