Descripción de la Exposición
Animalium, a imaxe animal na arte contemporánea galega
Este proxecto expositivo está integrado por artistas profesionais, no que o fío conductor é a figura animal posta en relación co pasado do espacio expositivo, o antigo matadoiro de FRIGSA agora reconvertido nun espazo cultural. Esta mostra inaugurose o 27 de maio e permanecerá aberta ata o 31 de agosto de 2017. O horario de visitas é :de martes e sabados de 11 a 13 h- 17 a 20 h. Domingos de 17 a 20 horas
Desde a antigüidade, son numerosos os exemplos da representación da imaxe animal na historia da arte: as pinturas rupestres. as artes figurativas exipcias...Representacións,todas elas, que nos permiten reflexionar sobre a relación do home coa natureza. É así como os artistas referenciados afrontan na súa traxectoria o mundo animal desde distintas perspectivas: Paco Pestana. Edu Valiña e Alvaro de la Vega incorporan as súas vivencias persoais ; Lomarti, Noa Persán, Jorge Agra e Xavier Magalhaes afrontan o tema desde a crítica social; Iago Eireos desde a descontextualización; Alberto Gulias desde a estética; Jose Reigosa, Peter Schneider e Pedro Gª Losada desde o foco dunha cámara; Paulo Neves, Julio Sanjurjo e Nicolás González Aller dunha forma naturalista; Camilo Seira desde a ternura; Oscar Aldonza e Xoan Vila desde o primitivismo; Jorge Espiral e Seara desde o humor e Enrique Tenreiro desde a abstracción.
Salientamos, por tanto, este espacio expositivo MIHL creado a partir dunha paisaxe agraria e industrial, FRIGSA, polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da cidade. E por esto como a intervención nestes espacios dos artistas en calquera das súas manifestacions pero aínda máis cando se trata de representacións plásticas e literarias, é determinante para calificalo como paisaxe cultural.Por esto nesta exposición o contenedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego.
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España