Descripción de la Exposición
Na cidade de Buenos Aires mesturábanse os vellos emigrantes galegos que fuxían da fame cos exiliados que fuxían da ditadura. O peronismo gañaba as eleccións, dando lugar a vivos debates políticos. O mundo da arte vibraba coa aparición de correntes que mostraban as distintas caras da modernidade: os novos realismos, a expansión do muralismo mexicano, a abstracción... Exiliados galegos como Luís Seoane, Rafael Dieste, Arturo Cuadrado ou Lorenzo Varela participaban desa efervescencia intelectual e creativa despregando unha actividade que incluía desde a organización de exposicións até a fundación de editoriais, desde a emisión de programas de radio até a edición de revistas.
Nese ambiente formouse Albino Fernández (1921-2014), quen era, en palabras de Luís Seoane, “exemplo dun tipo de galego que anda polo mundo, o fillo de emigrantes nado en un sitio, adaptado a outro e que mantén no seu fogar as costumes e o xeito todo de ser que procede da Galiza”.
Albino, nacera efectivamente, en La Habana, en 1921, fillo de emigrantes galegos que volverían en 1929 á Galiza por mor da crise económica internacional. Mais despois de tres anos en San Pedro de Viana, en Chantada, a familia toda volveu emigrar, desta volta á Arxentina, onde axiña destacou como debuxante, formándose con mestres tan destacados como Antonio Berni ou Lino Enea Spilimbergo. Converteríase ao pouco nunha figura de referencia no gravado arxentino.
Exposición. 14 jul de 2022 - 11 sep de 2022 / Museo do Mar de Galicia / Vigo, Pontevedra, España
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España