Descripción de la Exposición
Verónica Fachal, Aida López e Samuel González levan a cabo a exposición Afouzarte, que contará coa participación de distintos colectivoscomo ASPERGA. O vindeiro día 15 de decembro a partir das 20:00 terá lugar a inauguración de Afouzarte nunha das salas de exposiciónsdo Ateneo Ferrolán.
Afouzarte, é dicir, dispoñer o espírito que nos leva a actuar sen temor ós perigos ou dificultades, facendo referencia á seguridade que alguénten en sí mesmo, é un proxecto que pretende integrar a diferentes persoas ou colectivos no mundo da arte, sen ningún tipo de discriminación.
Comporase dun total de 40 pezas de arte abstracta realizadas por alumnos do CPI Castro Baxoi (Miño), o EEI Fernández Varela (Pobra doCaramiñal), ASPERGA e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Confrontaranse obras de diferentes colectivos xeralmente afastados do mundo artístico xunto con pezas de futuros licenciados en Belas Artes,empregando a arte abstracta como medio de expresión, chegando a converter o proceso pictórico en arte-terapia. Afouzarte enlazará tódalaspezas na sala de exposicións sen ficha técnica, de xeito que o espectador debe intuir o/a autor/a de cada unha das pinturas.
A inauguración contará coa presenza do comisariado da exposición, formado por Verónica Fachal Vázquez, Aida López Fernández e Samuel González Soliño (alumnos da facultade de Belas Artes), e os directores dos centros participantes no evento.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España