Descripción de la Exposición
Adopta un Señor Importante aborda unha reflexión arredor do fútil e do valor das cousas. O proxecto toma forma nunha colección de retratos figurativos nos que se constrúen imaxes de personaxes que centran a mirada no espectador e que nos convidan a reflexionar sobre o efémero, sobre o azar na conformación do relato que coñecemos como historia e sobre o sentido da vida.
Trátase de personaxes ficticias ás que a artista chega a través dun proceso de busca de actitudes e tipos definidos polos problemas do ego e que en ocasións están lonxanamente referenciados a coñecidas personaxes históricas ou de ficción. Ideas e actitudes como a egolatría, a prepotencia, a vaidade, encarnados en personaxes representadas nun posible momento final do seu suposto relato en actitude de revelación e súplica de redención.
O subtítulo do proxecto: RETRATOS COMBUSTIBLES refire a este concepto do efémero dun modo puramente descriptivo: o soporte é madeira seca nun corte transversal que deixa entrever o corazón da árbore e que non está exenta de dilatacións, contraccións e fendas.
As pezas son o suxeito pasivo dun proxecto con data de caducidade que foi presentado o pasado mes de decembro, na galería La Doce (Boiro), e que percorrerá proximamente outras cidades, antes da acción performativa que terá lugar nunha fogueira de San Xoán o próximo mes de xuño e na que arderán as pezas non adquiridas.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España