Exposición en Lugo, España

A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda. Acuarelas de Elías de Segura, 1927

Dónde:
Museo Provincial de Lugo / Praza da Soidade, s/n / Lugo, España
Cuándo:
25 ene de 2018 - 15 abr de 2018
Inauguración:
25 ene de 2018
Horario:
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Organizada por:
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
A singularidade e excelencia do conxunto arqueolóxico de Santa Eulalia de Bóveda xa se puxera, oficialmente, de manifesto poucos anos despois do seu descubrimento, ao ser declarado monumento histórico artístico nacional por Decreto do Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, do 3 de xuño de 1931 (Gaceta de Madrid, 4 xuño). Actualmente, encóntrase protexido a través da recente Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG 16/05/2016 e BOE 18/06/2016). De todo o conxunto monumental arqueolóxico de Santa Eulalia, o discurso expositivo deste proxecto céntrase nas destacadas manifestacións pictóricas e, máis especificamente, nas reproducións realizadas polo restaurador, conservador de obras de arte, Elías de Segura en 1927. Trátase de debuxos e acuarelas da decoración pictórica tomadas do natural, in situ, que constitúen unha excepcional documentación gráfica estudada e presentada no V Congreso Internacional de Historia de la Arqueología (2017) por Montenegro Rúa. Elías de Segura permaneceu un ... mes en Lugo copiando as pinturas murais por encargo de Manuel Gómez-Moreno, quen dirixía os traballos arqueolóxicos nese momento, polo que se trata dun testemuño directo e orixinal do estado de conservación das pinturas no momento do seu descubrimento. As reproducións permaneceron inéditas noventa anos pero conservadas no Archivo del Museo Arqueológico Nacional e alegrámonos de que poidan verse publicamente por primeira vez. Este é o principal obxectivo do proxecto expositivo xunto coa finalidade xeral de pór en valor un Ben de Interese Cultural de Galicia sito en Santalla de Bóveda de Mera, concello de Lugo, a través do MPL coa inestimable colaboración do MAN. Ademais da súa relevancia artística e científica, ao mostrar o estado de varios dos motivos presentes na decoración pictórica do monumento, no momento do seu descubrimento, as acuarelas ofrecen un valor engadido debido a que, pouco tempo despois de realizarse, unha importante superficie das pinturas murais foi danada tras aplicarlle unha nefasta restauración: catro das obras correspóndense con senllas fraccións da área afectada localizada no arranque sur da bóveda. Polo tanto, nestas reproducións non só se pode comprobar o estado orixinal de diversos motivos, que actualmente presentan significativas perdas da súa capa pictórica, tamén demostran o porqué da marcada diferenza na superficie pictórica entre os arranques de bóveda sur e norte. A historiografía de Santa Eulalia de Bóveda ofreceu variadas razón que tentaron explicar este feito, mesmo se chegou a xustificar como o resultado de actuar un equipo de pintores diferente en cada arranque de bóveda. Pero a obra de Elías de Segura mostra que a diferenciación da tonalidade pictórica está vinculada, inequivocamente, a unha inicial restauración que pretendía eliminar os borróns escuros documentados en varias das acuarelas. A exposición está constituída por seis acuarelas orixinais e a reprodución a escala 1:1 dun debuxo preparatorio que por cuestións técnicas de conservación non puido ser trasladado a Lugo desde o MAN. Ademais, inclúese documentación antiga do monumento e diferentes materiais arqueolóxicos conservados nas zonas de reserva do Museo Provincial de Lugo: fragmentos de estucos, cerámica, etc. Como complemento cultural, tamén se organizarán charlas e debates tendo como tema principal o contido da exposición. [Aurelia Balseiro e Enrique Montenegro, comisarios da exposición]

 

 

Entrada actualizada el el 01 feb de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

servicio galería de obra

¡Difunde tu obra en la mayor plataforma iberoamericana de arte!

  • Publica y difunde tus obras o las de tus artistas, enlazándolas con las exposiciones y ferias donde se presentan ¡Multiplicarás su visibilidad!
  • No cobramos comisión por venta. Solo facilitamos el contacto de tus clientes potenciales contigo.
  • Mostramos tus obras de forma natural, sugiriéndolas a nuestros usuarios por similitud de etiquetas, proximidad…
  • Las 5 primeras las tienes GRATIS ¡Pruébalo sin compromiso!
Premio
28 nov de 2023 - 31 ago de 2024

Madrid, España

Exposición
25 jul de 2024 - 14 sep de 2024

Galería Pelaires / Palma, Baleares, España

Formación
24 oct de 2024 - 25 oct de 2024

Centro Botín / Santander, Cantabria, España

Exposición Online
¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones