Descripción de la Exposición O Museo Municipal de Ourense no seu afán de compromiso cos artistas, mostra e presenta a César Taboada, ourensán, artista prolífico e mestre de Arte. Dende de fai anos colabora e participa co Museo dos ourensáns con proxectos internacionales como en 2008 con Mármara- Guzel Sanatlar Facultesi. Incansable e innovador César Taboada expresa ca súa pintura unha deformación da realidade para así plasma-la dunha forma puramente persoal e artística, emitindo primacía á expresión dos sentimentos máis que a descripción obxectiva do momento. Entendendo desta forma, unha expresión extrapolable a calquera época e espazo xeográfico. Viaxeiro do mundo circundante, reflexa nas súas obras unhas liñas cromáticas de grande intensidade e reflexo dos sentidos, amosando así o seu contido interior cunhas pinceladas e tons de modo temperamental e emotivo, reunindo un forte contido simbólico. Exposición que permanecerá no Museo Municipal de Ourense na primaveira misturando a cor e Arte puramente ourensán.
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España