Inicio » Agenda de Arte

A imaxe reb/velada 2012

Exposición / Museo do Pobo Galego / Antiguo Convento de San Domingos de Bonaval / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Ver mapa


Cuándo:
05 jun de 2013 - 14 jul de 2012

Inauguración:
05 jun de 2013

Organizada por:
Museo do Pobo Galego

Artistas participantes:
Baldomero Pestana Domínguez

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción de la Exposición

Dibujos y fotografías.

-------------------------------------------------------

-------------------------------------------------------

Cando regresou a Galicia definitivamente no ano 2008, a primeira visita foi a aldea de Pozos, nun pequeno val atravesado por un río de auga clara agora oculta polas árbores que medran nas súas beiras. Nese lugar naceu... pertencente a parroquia de Pena, no concello de Castroverde. En Lugo, en Galicia. Todo iso tivo que repetir unha e mil veces Baldomero Pestana cando ao longo da súa vida tivo que explicar o seu lugar de nacemento.

Pouco ou nada cambiara o progreso a súa aldea, á parte dunha capa de piche no camiño. As cinco ou seis vellas casas de pedra permanecían no lugar mais ou menos arruinadas.

Naceu na que fora a casa de Pestana un 28 de decembro de 1918, sendo o froito do amor imposible entre Xosé García e Manuela Pestana.

A miseria que se vivía en Galicia e tamén a vergoña dunha maternidade non desexada e inoportuna, no máis profundo da Galicia profunda daquel tempo levaron á nai de Baldomero a buscar fortuna e novos aires en América. Arxentina é algo así como unha especie de terra prometida para os galegos pobres... O neno Baldomero quedou ao coidado da avoa e dos tíos Pestana, que en 1923 tamén emigraron.

Esa primeira viaxe, e se cadra ese primeiro abandono, marcaron trascendentalmente a traxectoria vital daquel neno que regresaría definitivamente a Galicia no 2008 para completar un paseo vital por unha vida vivida en plenitude.

Sempre digo e non me canso, que a liberdade é o eixo principal na vida de Baldomero, que se converteu en Baldo na súa primeira xuventude nese exercicio tan seu de ir soltando lastre.

O feito de ser fillo de solteira e de nacer no seo dunha familia atípica, máis que marcalo negativamente resultou positivo para el. Desde pequeno sentiuse liberado das ataduras e das opresións da familia, a primeira prisión... a pesar de ser Baldo alguén moi social e un ser humano xeneroso, doce e sabio.

Hai que ter unha sensibilidade moi fina para que nun medio tan hostil un neno puidese progresar intelectualmente da forma en que o fixo o neno Baldomero.

Desde ben pequeno sentiuse diferente. Era, é diferente. Buscou nos libros, na música, no arte todo o que precisaba e atopouno, e multiplicouno e devólvenolo agora convertido, sintetizado, depurado no branco e no negro das súas obras con toda a gama e matices de grises posibles, porque así é a vida en realidade...

Baldo di que viviu varias vidas, é e certo, e non só porque o seu largo paseo vital lle dese esa oportunidade, e que tamén as viviu paralelamente.

De neno e de rapaz estudaba e traballaba, pero sobre todo soñaba, e cando a idade xa lle proporcionou certa autonomía persoal, de día facía diferentes traballos alimentarios, pero cando chegaba a noite, lía, saía, conversaba, vivía... 2

Estudou no Instituto Danthe Alighieri primeiro, para poder ler aos clásico italianos. Por iso estudou francés despois e logo inglés.

Aborrecía o oficio de xastre que lle ensinou o seu tío Pedro e soñaba con poder abandonalo algún día e dar renda solta aos seus desexos de devorar o mundo. Por iso na noite frecuentaba librerías, poetas, músicos, vangardas e tamén grupos de filosofía anarquista... A pesar de que a revolución de Baldo sempre foi interior, persoal e sen afán de convencer a ninguén de nada, porque ademais como ser intelixente, continúa evolucionando, pero os ideais románticos do anarquismo filosófico, nunca de acción, deixaron nel ese pouso de liberdade que é un xeito de vida.

O oficio de xastre, que detestaba, pero que exerceu con toda a mestría que as súas mans nos demostrarían ao longo da súa traxectoria artística, deulle a posibilidade de viaxar pola Arxentina... Mendoza, Tucumán, Córdoba. Co seu bo facer atopaba traballo axiña nas mellores xastrerías e no seu tempo libre, aprendía a coñecer o mundo fóra dos libros. Escribía poemas, aprendía a mirar con ollo crítico, debuxba e soñaba...

Embarcouse nun buque de mercadorías para viaxar a Europa. Sete meses durou a aventura que o traería o vello continente para coñecer Francia, Italia, España... Visitou museos e bibliotecas e cargouse de libros nas vellas librerías de Xénova e Nápoles e en cada porto recollía e enviaba cartas a Velia, a que se convertiría na súa compañeira de viaxe nos seguintes cincuenta anos.

Ao seu regreso casaron nunha cerimonia civil, para contentar a familia. Sen aneis, sen nada que supuxera unha atadura ao amor, e ela, que sempre creu nel, converteuse na praia serea onde repousar.

A veces penso que Baldo non podería vivir sen pintar, de feito a estas alturas da vida, faino menos... pero endexamais podería vivir sen libros nin música. A súa curiosidade e o seu sentido artístico convertérono no home que é, o que se fixo a si mesmo, bebendo de moitas fontes, con tranquilidade... sen necesidade de demostrar nada de nada, e sen pisar a ninguén. Tomando a vida a tragos longos, empapándose de humanidade e facendo ben as cousas.

Naceu en Castroverde, pero nunca se interesou demasiado polas fronteiras, o que o transformou nese cidadán do mundo que é. Pasea pola vida con pouco apego as cousas materiais, lixeiro de equipaxe...

A estas alturas é un ser que emite tranquilidade, que é didáctico sen pretendelo, que cando entra nos sitios enche coa súa presenza, que mira observando e aprendendo sempre, e que a pesar de todo, mantén a confianza no ser humano. É un humanista convencido e practicante.

O seu perfeccionismo, ese que observamos nas súas limpas fotos, despoxadas de todo o inútil, e nos debuxos, que parecen feitos por alguén que non tivera outra cousa que facer na vida, levándoos ata as últimas consecuencias... rizando o rizo do imposible. Ese perfeccionismo e esa certeira ollada foron os responsables de que resultase o alumno mais brillante dos que fixeron aquel curso de fotografía en Bos Aires. Un curso impartido polos mellores fotógrafos do país e tamén estranxeiros.

Rematouno convertido nun moi bo retratista, quizá a disciplina mais complexa. Pestana consigue algo moi difícil que é que toda a vida interior do retratado lle asome polos ollos e que ese momento único e irrepetible sexa capturado polo ollo máxico do artista. 3

En toda a súa obra percíbese a poesía e unha especie de misterio que non é fácil de cuantificar.

Será iso o que lle confire a calidade a un artista...

En 1957 Baldo Pestana instálase en Lima, deixando atrás a Arxentina peronista que lle interesaba pouco. É mais, toda a súa vida foise afastando de ditaduras, de demagoxias, de exércitos, de bandeiras, facendo o seu persoal exercicio de liberdade.

... e Lima recibiuno cos brazos abertos e foi en Lima onde puido desenvolverse artisticamente ata converterse nun dos fotógrafos mais destacados desa época.

Fixo traballos para UNICEFF, para a ONU, para a NATIONAL PETROLLEUM, para a axencia Mc CANN ERIKSON. Publicou nas revistas TIME, LIFE, ESQUIRE.

Tras a primeira entrevista de traballo, ao chegar a Perú, converteuse no fotógrafo oficial do diario EL PERUANO.

Pero, sobre todo, o que fixo foi percorrer o país, un país que ama, empapándose de toda a beleza, e a cultura dos pobos indíxenas.

En Lima retratou a toda unha xeración de escritores e artistas, a uns por amizade, a outros por pura admiración... pero ningún se resistiu ao idilio coa cámara de Pestana.

Pablo Neruda, Salazar Bondy, Martín Adán, Blanca Varela, Vargas Llosa, José María Arguedas, Fernando de Szyszlo... a Haya de la Torre, candidato a presidente polo Partido Aprista. A Borges tamen o fotografou en Lima.

No país andino fraguou amizades que permanecen na actualidade, e en Lima obtivo o título de periodista na Universidade de San Marcos, e Lima deulle tamén a oportunidade de viaxar a Europa, antigo anhelo, grazas a un beca para artistas, e así foi como culminou o seu sono de viaxar a París.

En 1966, ao existir bastantes posibilidades de que Haya de la Torre gañase as eleccións, os militares deron un golpe de estado, e ese foi o desencadenante para que de novo Baldo se afastase dunha ditadura.

Vendeu o seu estudo, o seu coche, as cámaras... e coa maleta chea de ilusións desembarcou en Rotterdamm. En París esperábao o seu automóbil verde co que percorrería Europa e unha cámara Hasselblad. Traía uns aforros que lle ían permitir pasar un bo tempo viaxando e facendo fotos.

O primeiro destino do seu periplo foi Alemaña, onde adquiriu o último en material fotográfico e as mellores cámaras do momento.

Despois Galicia... Ese mundo seu, verde, que permanecía intacto nun recuncho da memoria e que os seus tíos mais a avoa se encargaron de avivar. Un recordo poético fomentado pola literatura... pero un desprezo absoluto polo ditador lle impedira volver antes, como lle impediu daquela quedar.

Quizá inconscientemente en Galicia albiscaba tamén algún recordo dese pai biolóxico... e reencontrouse cunha familia de curmáns que o recibiron como a gran persoa que sempre foi. E, ironías da vida, Baldo no seu definitivo retorno comparte a vida con nós e nós compartímola con el. Nós, que en definitiva somos o que lle queda do pai ausente e que dalgún xeito intentamos que ese cordón umbilical que nunca se cortou coa terra xamais o faga. 4

Viaxa nove meses por unha España triste e gris... non se podía quedar. Por suposto Lima era nese momento unha cidade moito mais moderna e vangardista do que podía ser Madrid.

O obxectivo era París...

Velia viaxa unha tempada a Londres a perfeccionar o inglés e a Baldo acéptano na Universidade de Besançon, onde se matricula para estudar un francés que domina desde hai moitos anos, pero el sabe o importante que é a lingua para os franceses... Outra mostra do perfeccionismo de Pestana.

Cando a parella se reúne, en París agárdalles unha nova vida e unha nova andadura artística e persoal.

Velia comeza a traballar nunha compañía de aviación e Baldo convértese no fotógrafo dos pintores, especialmente dos latinoamericanos. Pestana é moi bo. O seu nome coñecese nos círculos e mentres, el sigue a facer as fotos alimentarias, pero tamén os retratos que desexa.

É o 68 e París arde...

Son moitos os peruanos que residen en París. Os seus amigos Herman Braun, Julio Ramón Ribeyro, Bryce Echenique... Todos envían as fotos de Pestana a Carmen Bacells...

En París coñece ao escritor que tanto admira, Gabriel García Márquez. Tamén a Carlos Fuentes...

Vivía no mesmo barrio que Cortázar e coincidiron moitas veces pero nunca lle fixo fotos, non se presentou a situación idónea e Baldo xamais exerceu de paparazzi, algo que detesta.

Man Ray púxose ante o seu obxectivo, tamén Polanski... Músicos como Ginastera, Lalo Shifrin, Quinci Jones, Dizzy Giulespi...

Pouco a pouco, dun xeito moi natural, Baldo, sempre tan prudente, adquiriu conciencia de que os seus debuxos eran bos, que se trataba de algo diferente do que facían outros, que non obedecían a correntes, e ¿Por que non? Incluso eran mellores que os de moitos...

Envía unha obra a un salón e é moi admirada e eloxiada. E alí arranca todo... Un galerista belga proponlle e organízalle unha exposición en Bruxelas, que resultou un éxito. Véndese todo. Isto apórtalle a seguridade que lle faltaba e é así como pouco a pouco a fotografía vaise instalando nun segundo plano.

Comeza a vivir da pintura e do debuxo e realiza múltiples exposicións nunha época na que existe un gusto polo hiperrealismo, aínda que o que fai Pestana non é hiperrealismo puro. É outra cousa...

A súa técnica é, evidentemente, realista, pero o concepto é surrealisa. Case sempre nas obras de Baldo atopamos dous planos, un superior e outro inferior, que pouco ou nada teñen que ver un có outro.

Aprézase o seu gusto polos clásicos, polo coidado dos detalles, polo mais difícil aínda...

A pesar de dominar perfectamente a cor, o máis representativo da súa obra está en branco e negro. Sempre está presente ese pasado de fotógrafo que nunca deixou de ser. 5

Cando se lle pregunta a que obedece a súa evolución dende a fotografía á pintura e ao debuxo, el sempre responde o mesmo... Que a foto perfecta non existe, que sempre sobra ou alta algo... Por iso el crea a propia realidade.

Penso, e non me quero estender en afagos e adxectivos innecesarias porque non deixa de ser palabrería inútil, e ademais porque non hai nada que explicar, nada que engadir á visión lenta e individual de cada obra. A cada un provócalle diferentes sensacións, e por iso é polo que tamén Baldo nunca pon títulos ás súas creacións, porque se trata de non condicionar a quen mira.

Sempre a liberdade...

Eu só teño que engadir que á parte de admirar a proeza, porque é unha proeza... a min en concreto inquiétame un pouco, pero fascínanme, prodúcenme certo desasosego esas escenas fortes en ocasións, pero emocionanme. Imaxes dunha actualidade latente e dura. Atemporais.

Emigrantes, exiliados, hippyes, xente de aquí e de acolá. A vida nunha maleta...

E a mirada crítica e social do artista... en realidade é Pestana o que nos está mirando dende o fondo da imaxe.

E sorrí...

 


Imágenes de la Exposición
Baldomero Pestana

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 09 sep de 2024 - 13 oct de 2024 / Madrid, España

#VersionaThyssen XXI

Ver premios propuestos en España

Exposición. 25 sep de 2024 - 10 mar de 2025 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Soledad Sevilla. Ritmos, tramas, variable

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 15 oct de 2024 - 30 jun de 2024 / Museo Nacional Thyssen-Bornemisza / Madrid, España

Organismo I Art in Applied Critical Ecologies

Ver cursos propuestos en España