Inicio » Agenda de Arte

A Fauna na obra de Ruibal

Exposición / Teatro Afundación - Vigo / Policarpo Sanz, 13 / Vigo, Pontevedra, España
Ver mapa


Cuándo:
04 oct de 2013 - 23 nov de 2013

Inauguración:
04 oct de 2013

Organizada por:
Afundación. Obra Social ABANCA

Artistas participantes:
Manuel Ruibal

       


Descripción de la Exposición

A mostra está conformada por 56 obras datadas entre o 2005 e a actualidade e realizada cunha grande diversidade de técnicas que van dende a tinta chinesa ata a serigrafía pasando polo pastel. Atoparemos nela a un Ruibal lírico cunha identidade definida pola natureza e a poesía, un artista que rastrexa na infancia, nas primeiras vivencias do campo, encontraremos a un creador que devolve ao espectador esa lembranza da natureza dende unha elipse abstracto-figurativa para que este faga un exercicio de reconstrución a través da evocación e da imaxinación.

 

------------------------

 

Da natureza e da poesía como pintura. A fauna de Manolo Ruibal

 

A natureza e a poesía definiron unha identidade moi marcada na obra pictórica e escultórica de Manolo Ruibal desde hai moitísimos anos. Opcións dunha militancia referencial, en tanto que o artista se envolveu na vivencia do campo, a súa orixe, e na escritura poética, que acompañou a súa práctica artística nas últimas décadas. Identidade que rastrexa na infancia e na construción das súas primeiras paisaxes, percepcións que foron mudando a súa expresión desde as súas primeiras pinturas, a principio dos anos sesenta, ata as que reverten a natureza ao seu estado máis elemental, como signo ou xestualidade abstracta, nas décadas sucesivas.

 

E foi a natureza, prevista como captación fugaz do instante, a do romántico Schelling, aquela que el dicía que o artista conxelaba coma un estado da alma, a que devolveu a súa pintura a un proceso emulsivo e xestual, acto sumiye e zen que singularizou un peculiar posformalismo que arrancaba figuras e formas que debiamos reconstruír, coa nosa imaxinación, desde a elipse abstracto-figurativa. Primeiro coma árbores incrustadas na paisaxe, aludindo sempre á súa condición lírica, sometidas á mesma levedade -a levedade como posta en escena grácil da velocidade que sublimaba Italo Calvino nas súas premisas fin de milenio- coa que se elevan os seus áxiles animais e as súas aves da variada fauna.

 

Zooloxía pictórica que remite o xesto sinxelo ao seu estado máis puro e desprovisto de peso. E de aí xorde un amplo elenco de formas e liñas que flotan no espazo da pintura, entre o baleiro e os fondos planos, formas que mudan a súa mobilidade entre o ricto dun verso minimalista e un simple xesto que provoca a aparición fugaz dun lobo ou dun voitre, dunha serpe ou dun felino, dun cetáceo ou dunha gacela, dun cisne ou da aguia percorrendo o ceo, ao mesmo tempo que os peixes foxen entre as augas do océano e o burriño Platero de Juan Ramón Jiménez amansa a paisaxe nunha plácida tarde de sol.

 

Fauna tan diversa nas súas especies -que obrigou o artista a se converter nun auténtico estudoso das múltiplas e diferentes variedades- coma na maneira de a afrontar en termos técnicos e expresivos, pois, aínda que o debuxo sexa o fío condutor desta coidadosa serie, que lle ocupou os últimos anos, supera a conciencia clásica da súa representación. Do papel, de medio formato, Ruibal dá o paso a xigantescas representacións de varios metros, que acadan tamaños descomunais e elevan a arte do deseño -aínda que eu o prefiro considerar pintura- a tamaños inéditos que o artista fará dialogar coa arquitectura que as acolle, co fin de dotar a esta dunha nova vitalidade estética, ligada tanto á natureza como á nova definición do lugar específico, paisaxe xa viva, reforzada polas sorprendentes presenzas.

 

E alén do sentido representativo no papel, a fauna de Ruibal alcanza unha nova dimensión cando a leva ao territorio da escultura, tratada, neste caso, como campo amplo da pintura, cuxos mellores modelos son as súas singulares serpes, que terminarán por se asemellar co specific site dun bosque imaxinado no verde tapiz, tupido de herbas e restrollo, do espazo en que adoitan exhibirse.

 

Fronte ao idealismo autorreferencial que explica a beleza só como necesidade, por enriba dos significados, a fauna de Ruibal desbota a teoría das formas ensimesmadas e busca aquela, tanto na sutileza do less is more e na economía pictórica do deseño, reducido ao seu estado poético en ritmos e rimas, coma na historia profusa dun zoolóxico que nos seduce pola súa condición de pintura que se aproxima á vida e á natureza no seu estado máis puro.

 

Antón Castro

 


Imágenes de la Exposición
Manuel Ruibal

Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 ene de 2025 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España

Reflejos. Picasso/Koons en la Alhambra

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España

Máster PHotoESPAÑA en Fotografía 2024-2025

Ver cursos propuestos en España