Descripción de la Formación
Con motivo da celebración da exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da publicación nas súas salas, a Fundación Luis Seoane acollerá os días 1, 2 e 3 de febreiro as xornadas Guerra Civil, propaganda e artistas de Galiza, unha iniciativa que, partindo do álbum de debuxos 13 estampas de la traición realizado por Luis Seoane no ano 1937, afonda nas circunstancias históricas, culturais e artísticas que rodearon a xestación e posterior publicación desta obra fundamental da plástica galega do século XX.
Baixo a dirección das comisarias da mostra, M.ª Antonia Pérez Rodríguez, profesora da UDC, e Silvia Longueira Castro, directora da Fundación Luis Seoane, as xornadas contarán coa participación dos historiadores Justo Beramendi, Emilio Grandío Seoane e Eliseo Fernández; do director da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján; da escritora e profesora da UDC Pilar García Negro; do profesor Paulo Porta e do artista e deseñador da mostra Juan Martínez de la Colina.
Formación. 01 feb de 2018 - 03 feb de 2018 / Fundacion Luis Seoane / A Coruña, España
Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España
Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España