Inicio » Agenda de Arte

Emprende Gaiás-Sixto Seco

Premios / Dotación:


Premio Incorporación gratuita durante doce meses al espacio coworking "Centro de Emprendemento Creativo de Galicia" da Cidade da Cultura de Galicia (4.320 Euros); Asistencia a Zinc Shower (mayo, 2014) (2.100 Euros).

Cuándo:
01 oct de 2013 - 23 nov de 2013

Dónde:
Santiago de Compostela, A Coruña, España

Inscripción:
Cerrada desde 23-11-2013

Organizada por:
Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ENLACES OFICIALES
Web 

       


Descripción del Premio

1. Introdución

Emprende Cultura Gaiás-'Sixto Seco' na Cidade da Cultura de Galicia é unha actuación consistente nun concurso dirixido a emprendedores e profesionais independentes do sector cultural, que pretende:

- Potenciar a realización de proxectos empresariais dentro do ámbito das industrias culturais.

- Impulsar o desenvolvemento de novas ideas no dito ámbito.

Deste xeito, procedese á convocatoria do programa dos Premios Emprende Cultura Gaiás-'Sixto Seco' 2013, conforme as seguintes bases.

 

2. Emprende Gaiás - 'Sixto Seco' na Cidade da Cultura de Galicia 2013

 

2.1 Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras entre titulados das ensinanzas profesionais dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais en internet e aqueles outros con vinculación no emprendemento cultural.

Modalidades

- Modalidade A: 'idea' ou proxecto innovador para a programación de aplicacións informáticas relacionados co sector cultural e proxectos culturais en internet.

- Modalidade B: 'idea' ou proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área do deseño no ámbito cultural

- Modalidade C: 'idea' ou proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área da xestión cultural

 

2.2 Premios

Premio o mellor proxecto presentado en cada unha das modalidades:

- Incorporación gratuita durante doce meses ao espacio coworking 'Centro de Emprendemento Creativo de Galicia' da Cidade da Cultura de Galicia; o premio inclúe a ocupación dun espazo no co-working, coas seguintes prestacións; unha mesa de traballo, con conexión a internet, un andel, e os seguintes servicios comúns: sala de reunións, con internet wifi, proxector,.., despacho para reunións, caixas de correo, almacén-armario, servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos, subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.

- Asistencia a Zinc Shower (maio, 2014), o maior meeting show de industrias culturas e creativas realizado en España. O premio incluirá gastos de desprazamento, aloxamento e dietas e inscrición nas conferencias (ou evento de similar importancia e características, no caso de desconvocatoria do mesmo).

- A Agadic proporcionará inicialmente apoio e asesoramento na creación da empresa e actividades de formación que apoien o desenvolvemento dos proxectos de emprendemento.

Unha 'idea' non poderá ter máis dun recoñecemento. No caso de que unha 'idea' fose candidata a un premio e xa obtivera outro, pasaría a ser gañadora a seguinte máis valorada.

 

2.3 Beneficiarios/as

Poderán participar nesta convocatoria titulados de ciclos medios e de ciclos superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

 

2.4 Financiamento orzamentario

Os premios concedidos de conformidade coas presentes bases serán imputados ao orzamento do ano 2013 da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, con cargo ao subgrupo 65 do cadro de contas do Plan Xeral de Contabilidade, adaptado ás entidades sen fins lucrativos, por importe de 4.320,00 euros (incorporación gratuíta ao espazo 'coworking' por doce meses) e 2.100,00 euros (asistencia a Zinc Shower), para os gañadores nas tres modalidades.

 

2.5 Solicitudes e documentación

A inscrición ou solicitude é imprescindible para a participación en calquera das tres modalidades, e ten por obxecto recoller a intención formal de participar.

 

As persoas participantes deberán presentar, xunto coa solicitude de participación segundo ANEXO I e inscrición no concurso, os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación, que enviarán á seguinte dirección:

 

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia

Edificio CINC, terceiro andar (Monte Gaiás).

15707, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

A solicitude de inscrición estará dispoñible nos seguintes enderezos: www.cidadedacultura.org, www.agadic.info, www.edu.xunta.es. Nos enderezos indicado ofrécense os modelos da documentación que cumprirá presentar sobre os 'proxectos', así como unhas orientacións para formalizar esa documentación.

 

Os textos deberán ser presentados por triplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, paxinados e grampados ou encadernados. Na portada de cada unha das copias indicarase únicamente o título e/ou lema e a modalidade de premio á que optan. Os textos incluiranse nun sobre cerrado único no que se indicará unicamente; nome do concurso (Emprende Cultura Gaiás-'Sixto Seco'. Convocatoria 2013), título e/ou lema do proxecto e a modalidade de premio á que optan.

 

A data de inscrición e presentación dos traballos está aberta desde a publicación destas bases ata o 23 de novembro.

 

No caso de que a documentación presentada adoleza de algún defecto subsanable, habilitarase un prazo non superior a 5 días naturais para a presentación da docuemntación que se requira ao solicitante.

 

Logo de comprobar que as persoas solicitantes cumpran os requisitos, a relación de inscricións admitidas publicarase nos seguintes enderezos: www.cidadedacultura.org, www.agadic.info, www.edu.xunta.es.

 

2.6 Instrución e tramitación do procedemento

 

2.6.1 Comisión avaliadora

Órgano de instrución

A Xerencia da Fundación Cidade da Cultura de Galicia será o órgano instrutor do procedemento, responsable da súa tramitación. Serán funcións do órgano instrutor:

- Realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se deba resolver.

- Solicitar canta documentación considere precisa para unha mellor valoración e comprobación do proxecto.

Composición da comisión avaliadora

Para a valoración das 'ideas' que se presenten constitúese unha comisión de valoración formada por:

- Dous representantes da Fundación Cidade da Cultura

- Dous representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Un dos representantes da Fundación Cidade da Cultura de Galicia actuará como presidente da comisión.

Un dos membros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuará como secretario da comisión e redactará unha acta de cada sesión que se celebre.

Funcións da comisión avaliadora

- Avaliar as 'ideas' presentadas.

- Propor a concesión dos premios para o seu outorgamento polo órgano competente.

O outorgamento dos premios determinarase atendendo aos criterios de valoración sinalados no punto 2.6.2 destas bases.

 

2.6.2 Criterios de avaliación

A comisión avaliadora terá en conta os seguintes criterios á hora de determinar os premios en cada modalidade:

- Carácter innovador e creatividade da idea presentada; 30 puntos. Valorarase a orixinalidade e a innovación do proxecto e produtos presentados, e que non fose patentada ou non existise un proxecto similar no mercado no momento de publicación das presentes bases.

- A factibilidade da idea ou proxecto presentado e as posibilidades de se converter nun proxecto viable: 20 puntos. Valorarase a viabilidade da proposta presentada polos candidatos e as previsións de éxito do proxecto.

- Adecuación á especificidade de cada premio: 20 puntos. Valorarase a adecuación do proxecto ou idea á modalidade de premio a que opta, a mellor identificación das actividades e productos que se pretenden levar a cabo así coma dos elementos que os integran.

- A integración de perfís profesionais dos participantes; 20 puntos. Valorarase o proxecto que inclúa un punto para o análise das estratexias de formulación de perfís profesionais por competencias, con adaptación as categorías establecidas na cláusula 2.1 das presentes bases, e que integre variedade de perfís profesionais dentro dunha mesma candidatura.

- A súa capacidade dinamizadora e o impacto na súa área de influencia; 10 puntos. Terase en conta o impacto potencial da idea en canto a creación de riqueza e xeración de empleo na área de implantación do proxecto presentado polo candidato.

 

2.6.3 Resolución e entrega

A resolución dos premios terá lugar o 20 de decembro. Farase difusión pública do resultado e comunicaráselles directamente ás persoas gañadoras.

 

A organización resérvase o dereito de declarar desertos un ou varios premios no caso de que as 'ideas' que se presenten non reúnan as características necesarias e non alcacen a puntuación mínima de 35 puntos.

 

Deseguido realizarase a entrega dos premios, que se desenvolverá nun acto público.

Os textos non premiados poderán ser retirados das oficinas da Fundación, logo de presentación de solicitude de retirada asinada polo autor e identificación no momento da súa recollida, no prazo de trinta (30) días naturais contados a partir do seguinte a data de comunicación da desición do xurado. Aqueles non retirados no prazo indicados serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto.

 

A presentación de candidatura para o I premio Emprende Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia - 'Sixto Seco', implica a aceptación íntegra das bases da presente convocatoria pública e dos acordos de resolución adoptados pola Comisión avaliadora e polo órgano de instrución.

 

2.7 Obrigas das persoas participantes e beneficiarias

- Coa inscrición acéptanse as bases dos premios.

- A organización poderá difundir as características xerais das ideas que se presentaran e, no seu momento, os nomes dos gañadores e os dos seus equipos promotores.

- A organización comprométense a gardar confidencialidade dos datos achegados.

- Queda garantido o correcto tratamento da documentación achegada e dos datos facilitados, consonte a Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

 

2.8 Réxime xurídico

As presentes bases réxense polo dereito privado, e resúltalles de aplicación o disposto na Lei 9/2003, de Subvencións de Galicia; na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, de Subvencións de Galicia; nos principios de xestión contidos no artigo 5.2. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e os de información a que fai referencia o artigo 16 do citado texto legal; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, que desenvolve os devanditos principios de xestión e publicidade; e no artigo 11 da Lei 9/2007, de Subvencións de Galicia. Os premios están suxeitos ao IRPF, segundo a lexislación aplicable.

 

2.9 Disposicións adicionais

A presentación de instancia leva implícita a autorización para o seguinte:

- Facer públicos nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos salientables referidos ás axudas recibidas.

- De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, publicarase na páxina web a relación de persoas premiadas e os premios concedidos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

Estes premios serán compatibles con outras axudas, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, galegos, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo da obriga de comunicar ó órgano concedente a súa obtención.

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos facilitados consonte con estas bases pasarán a formar parte dun ficheiro, automatizado ou non, con datos de carácter persoal, cuxo responsable é a Fundación da Cidade da Cultura.

O/a beneficiario/a poderá exercitar en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, de ser o caso, o de oposición, de conformidade co establecido na lexislación, dirixíndose por escrito á Fundación Cidade da Cultura de Galicia ao enderezo Gaiás- Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC terceiro andar (Monte Gaiás), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

 


Entrada actualizada el el 26 may de 2016

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?
Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla.
ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.
Recomendaciones ARTEINFORMADO

Premio. 17 sep de 2024 - 27 nov de 2024 / España

VII Puchi Award

Ver premios propuestos en España

Exposición. 19 nov de 2024 - 02 mar de 2025 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España

Darse la mano. Escultura y color en el Siglo de Oro

Ver exposiciones propuestas en España

Formación. 23 nov de 2024 - 29 nov de 2024 / Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Hito Steyerl. Tiempos líquidos, tiempos feudales

Ver cursos propuestos en España