Premios / Dotación:
Descripción del Premio ------------------------------------------------------- ------------------------------------------------------- Primeira.- Poderán participar todas as persoas galegas ou residentes en Galicia, que traballen no campo das artes plásticas. Cada artista poderá concorrer ao certame cun máximo de dúas obras. Segunda.- O certame ten por obxecto a exposición e a adquisición de obras por un importe total de 40.000 euros. Terceira.- A temática e a técnica das obras serán libres; establécense os seguintes límites: * pintura e obra gráfica: 2 x 2 metros. * escultura: 2 x 2 x 1 metros e 70 kg As solicitudes presentaranse no impreso que se facilitará no Rexistro Xeral, na Sección de Cultura e Deportes e na páxina web da Deputación: www.dicoruna.es. Achegada ao impreso enviarase a seguinte documentación: * Fotocopia do NIF do solicitante. * Unha foto de cada unha das obras presentadas. O tamaño das fotos será de 20 x 25, e virán montadas sobre soporte de folla de álbum, que levará en lugar ben visible os seguintes datos: nome do autor, domicilio, prezo da obra (incluídos os impostos), medidas e técnica empregada. Tamén poderán presentarse en soporte informático, nun cd ou pendriver indicando no exterior o nome do autor. As imaxes deberán estar en formato JPEG. * O currículo do solicitante. Cuarta.- O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e rematará o 15 de abril de 2013. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Quinta.- O xurado estará presidido polo presidente da Deputación, e formarán parte del un representante da familia Díaz Pardo, a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade, e seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes plásticas. O xurado será nomeado polo presidente da Deputación, e actuará como secretario o da corporación ou o funcionario no que delegue. A composición do xurado darase a coñecer con anterioridade á súa reunión, no taboleiro e na páxina web da Deputación, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes. Sexta.- O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 26.1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O xurado non poderá declarar deserto o certame e presentará a súa proposta ao presidente da Deputación, que é o órgano competente para resolvelo. A decisión do xurado terá lugar no mes de xullo de 2013 e darase a coñecer no taboleiro e na páxina web da Deputación, e a través dos distintos medios de comunicación. Sétima.- 7.1.- Preselección.- O xurado realizará unha primeira selección despois de ver as solicitudes e as fotografías presentadas. As obras que resulten preseleccionadas deberán ser enviadas ao colexio Calvo Sotelo, rúa Archer Milton Huntington 24, 15011 A Coruña. As obras deberán estar debidamente identificadas na súa parte posterior, e incluirán en calquera caso os seguintes datos: título, nome do autor, prezo (incluídos os impostos correspondentes), medidas e técnica empregada nela. Serán por conta dos participantes os gastos de envío e de retorno, e o seguro dos riscos de transporte. 7.2.- Exposición.- O xurado realizará unha segunda selección despois do exame das obras enviadas. As obras que resulten seleccionadas nesta fase serán incluídas nunha exposición, que percorrerá os concellos da provincia, ao longo dun prazo de tempo que non poderá superar os seis meses. Os autores cuxas obras estean na exposición recibirán tres exemplares do catálogo As obras que non sexan seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores no prazo dun mes, que se contará desde a notificación da decisión do xurado. 7.3.- Adquisición.- Entre as obras que figuren na exposición, o xurado proporá a adquisición daquelas que considere mellores, tendo en conta o límite presupostario sinalado na base segunda. As adquisicións das obras serán resoltas polo presidente da Deputación, despois da proposta da Mesa de Contratación deste organismo e serán obxecto das correspondentes actas de recepción. A adquisición das obras supón a extinción do dereito de explotación polo seu autor, se ben permanecen inalterables os dereitos morais que a lexislación lles confire. Para os efectos de cobro, os autores deberán presentar as preceptivas facturas, nas que se farán constar os impostos que lles sexan de aplicación. As obras que non sexan adquiridas deberán ser retiradas polos interesados no prazo dun mes, que se contará desde a data da clausura da última exposición. Oitava.- A Deputación correrá cos gastos dos seguros das obras durante o tempo no que permanezan no seu poder, e sempre que este non supere os prazos sinalados para a súa retirada. Aquelas obras que non sexan retiradas nos prazos establecidos, serán devoltas aos seus autores polo medio de transporte que, segundo o criterio da Deputación, sexa considerado mellor, correndo os custos ao cargo daqueles. A Deputación da Coruña non se fai responsable do deterioro, perda, roubo, etc. que poidan sufrir no transporte as obras enviadas ao Certame. Novena.- A participación nesta convocatoria, supón a total aceptación destas bases, así como a autorización á Deputación para incluír as obras seleccionadas no catálogo da exposición A Coruña, 18 de febreiro de 2013. O presidente, O secretario, Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía
Podrán participar todas las personas gallegas o residentes en Galicia, que trabajen en el campo de las artes plásticas. Cada artista podrá concurrir al certamen con un máximo de dos obras. Para obtener más información sobre las bases de este certamen, puede consultar el enlace del apdo. Documentos.
Creación, 12 mar de 2013
El polifacético Joan Fontcuberta atraviesa uno de sus mejores momentos profesionales
Por ARTEINFORMADO
El fotógrafo catalán Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955), que además es docente, editor, crítico, comisario de exposiciones e historiador, está atravesando uno de sus mejores momentos profesionales, tras más de treinta ...
Exposición. 13 dic de 2024 - 04 may de 2025 / CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo / Sevilla, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España