Descripción del Premio CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN: Participantes: Poderá participar no concurso calquera persoa, non profesional, que o desexe. Os participantes deberán ser os autores das fotografías presentadas, e estas non poden ter sido premiadas noutros concursos. Modalidade e Formato: De 1 a 3 fotografías dixitais a cada un dos temas, e hdr en cor, e archivos de formato jpg cunha dimensión de 1600 px (ancho o alto). Podéndose retocar contrastes, enfoques, cores, saturacións, brillos, etc. Quedando descartados todos os tipos de fotomontaxes, así como os tratamentos que distorsionen a realidade da imaxen (exemplo: quitar ou poñer elementos... etc.). Tema: FLORA, ARBORES CENTENARIAS, FAUNA, PAISAXE, XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS E TERMAIS, GASTRONOMÍA, FESTAS, TRADICIÓNS E COSTUMES, FERVENZAS, LAGOAS E RÍOS, EFECTOS METEOROLÓXICOS, ESPONTÁNEAS, ETC. QUE XURDAN DENTRO DO ENTORNO DO BOSQUE MÁXICO. Non se admitirán fotografías nas que aparezan persoas identificables, sen o seu debido consentemento. Xeito de participación: Enviando por correo electrónico de unha a tres fotografías con titulo e tema no que se quere participar a - USAR FORMUILARIO Identificación. Cada participante, ó enviar as fotografías deberá indicar: Nome e dous apelidos Nick (Alias ou pseudónimo baixo o cal presenta as súas fotografías) Data de nacemento Direción do seu correo electrónico, ou Nº de Teléfono Localidade Título das reportaxes Prazo de recepción das reportaxes: Ata o 31 de Decembro de 2012, incluído. Normas oficiais: Todas as fotografías e vídeos expostos na paxina web de O Bosque Máxico quedaran suxeitos os artigos e decretos vixentes da Xunta de Galicia e as propias bases desta paxina WEB, fecha de 01 / 06 / 2012, sobre concursos de fotografías e vídeos. O fallo de premios: O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no campo da fotografía e un membro de cada patrocinador. Estes seleccionarán as mellores reportaxes de cada autor, así como as reportaxes gañadoras, que serán expostas na web de http://www.obosquemaxico.com/. Exposición: As fotografias gañadoras imprimiranse nun formato de 50 x 40 cm, para que sexan expostas na casa de Curros ou na casa do Concello de Celanova durante 30 días, e a continuación, exporanse por todos os concellos pertencentes a O BOSQUE MÁXICO. O fallo do xurado: será feito público o día 06 de Xaneiro do 2013 a través da web de http://www.obosquemaxico.com/ Así mesmo, a organización comunicarase por email ou Tlf cos concursantes premiados.
Exposición. 17 dic de 2024 - 16 mar de 2025 / Museo Picasso Málaga / Málaga, España
Formación. 01 oct de 2024 - 04 abr de 2025 / PHotoEspaña / Madrid, España